Alfoz recupera a súa gala contra o cancro despois de 25 anos

La Voz

A MariÑA

06 abr 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

13 de maio • 22.00 horas • Restaurante A Naranxa • Prezos: 30 e 15 (menú infantil) euros • Alfoz recupera 25 anos despois a cea benéfica a favor da Asociación Española de Loita Contra o Cancro. Será o próximo 13 de maio pero as invitacións xa poden adquirirse no restaurante onde terá lugar (A Naranxa) ou a través de calquera membro da organización. Está promovido por veciños. O donativo será 5 euros por comensal.