Xa se recibiron máis de 800 peticións ante Medio Rural
22 jun 2017 . Actualizado ás 21:41 h.Ata 829 solicitudes de indemnización cursaron ante Medio Rural os agricultores galegos afectados pola planga de pataca. O dato desvelouno onte a directora xeral de Agricultura, Belén do Campo, quen precisou que 443 xa foron revisadas e comezarán a pagarse en xullo.
Ante a comisión de Agricultura, Do campo explicou que «a maioría» dos tubérculos das zonas infestadas xa foron retirados. En total recolléronse e destruído 341 toneladas de pataca.
Para explotacións con pataca de sementa hai unha indemnización de ata 70 céntimos por quilo (sempre que fose adquirida antes do 5 de marzo). Para a de consumo son 30 céntimos, mentres que para plantacións en zonas infestadas destínanse 40 céntimos por metro cadrado.