Presentado ao mundo en 1936, o Fiat 500 introduciu un concepto de vehículo diminuto e económico que permitiu a mobilidade a unha gran parte da poboación. O seu éxito radicou na máxima fiabilidade coa mínima cantidade de pezas posibles. O primeiro modelo, unidade que presentamos e que pertence á Fundación Jorge Jove, supuxo unha marca mundial en consumo, con tan só 7,5 litros aos 100 km.
Por Óscar AyerraFOTOS: VÍTOR MEJUTO