Dous gatos e dezaseis vidas para denunciar as inxustizas nun curto de animación

Beatriz Antón beatriz.anton\lavoz.es

FERROL

13 oct 2010 . Actualizado ás 11:10 h.

A ferrolá Peque Varela saltou á fama en xaneiro do 2008, cando o seu curto 1977 conseguiu formar parte do exclusivo cartel do prestixioso Festival de Sundance . Agora, esta caranceira regresa ás páxinas dos xornais porque o próximo mes de novembro, no Festival de Cine de Xixón , estreará a súa nova cinta. Titúlase Gato encerrado , apenas dura doce minutos e nela Peque Varela reflexiona sobre as desigualdades deste mundo a través da vida de dous gatos. Un deles conta con nove vidas, como manda a tradición anglosaxoa, mentres que o outro só goza de sete, tal e como mantén a cultura popular hispana. O tema promete , e vistos os primeiros fotogramas do curto (aquí ao lado teñen un deles)/deles), parece que o envoltorio tampouco defraudará. Xunto a Oliver Laxe e Anxo Santos, Peque encargarase de representar ao novo cine galego en Xixón, así que por algo será, non creen?

Desde Londres, onde vive desde hai xa varios anos, Peque cóntanos que a idea de facer este curto xurdiu cando se decatou de que no Reino Unido os gatos tiñan nove vidas e non sete, como sempre lle contaron a el no seu país. «Esta desigualdade pareceume moi boa base para explorar as diferentes oportunidades que ten un individuo en función do seu lugar de orixe ou do pasaporte que ten», explica Varela. A diferenza de 1977 -onde a historia viraba ao redor das súas propias vivencias-, en Gato encerrado a realizadora botou man da experiencia de amigos e coñecidos que non teñen pasaporte europeo. E para os que, só por iso, a vida resulta algo máis complicada . Iso si, hai algo no que as dúas cintas coinciden: a necesidade da súa autora de denunciar as inxustizas. Marca. Di que non vai rexistrar a súa proeza no Guinness, «porque iso é un 'comecuartos'», pero está seguro, case ao cento por cento, de que o seu foi o monólogo máis longo da historia. Nin máis nin menos que durante dez horas estivo a falar o pasado sábado, na sala The Star de Carral, o actor ferrolán Pepo Suevos . O 10 do 10 do 2010 culminou a súa promesa de protagonizar un monólogo de dez horas para celebrar os seus dez anos de traxectoria profesional. E fíxoo acompañado de «dez colegas», entre os cales se puido ver a Carlos Blanco , Quico Cadaval ou Rober Adegas . «O que máis me sorprendeu foi o público. Houbo xente que aguantou as dez horas e a sala non quedou baleira en ningún momento», apunta Suevos máis que satisfeito. Dez horas son moitas horas, pero o actor asegura que lle faltou tempo para contar todo o que levaba preparado -«para iso fixéronme falta tres horitas máis»-, aínda que si lle chegou para rememorar os seus primeiros anos como contador e para botarse uns risos falando de «o divino e o humano». Ao final, cando xa todo xa rematara, Suevos quedou sen voz, pero di que mereceu a pena. Aínda que non cre que repita a fazaña: «Cando me toque celebrar os meus vinte anos de carreira fago unha cea e listo».