1/5
Multamóvil. A súa misión adoita ser a de controlar os aparcadoiros e evitar a dobre fila nas cidades. É un sistema de control eminentemente urbano e en Galicia está operativo en Pontevedra, Ourense e A Coruña. As súas denuncias non quitan puntos.MIGUEL VILLAR
2/5
Fotorrojo. Controla os coches que se saltan os semáforos en vermello, unha infracción moi grave. Pero o seu uso deu lugar a sentenzas que obrigaron a suspendelo nalgunhas cidades. Está activo en Santiago, Lugo e Vilagarcía. ÁLVARO BALLESTEROS
3/5
Un radar nunha estradaEDUARDO PEREZ
4/5
Helicópteros. A DXT dispón en Galicia dun dos helicópteros equipados coa tecnoloxía Pegasus, que permite captar desde o aire a velocidade á que circula un vehículo. Ademais, a patrulla aérea controla adiantamentos e outras manobras. PACO RODRÍGUEZ
5/5
Cámaras que ven o cinto. Son a última incorporación e Tráfico advirte de que permiten ver se o condutor fala polo móbil ou se el e os acompañantes levan posto o cinto. En Galicia xa están instaladas (na foto, unha xunto a un panel na Coruña), pero aínda non sancionan. CESAR QUIAN